Publicador de contidos
Publicador de contidos

A firma galega Regenasa, mellor posto da feira Cruise Ship Interiors de Londres

A firma galega Regenasa, mellor posto da feira Cruise Ship Interiors de Londres

Acadou o primeiro premio cunha árbore de grandes dimensións feita cos materiais que emprega acotío

O xurado do certame londiniense salientou o "deseño, o traballo da madeira e a súa sostibilidade"

Imaxe do posto premiado na feira Cruise Ship Interiors de Londres Imaxe do posto premiado na feira Cruise Ship Interiors de Londres
G24.gal 03/12/2022 11:12 Última actualización 07/12/2022 14:41

A firma galega Regenasa, dedicada á habilitación naval, regresa a casa cun galardón tras participar na Cruise Ship Interiors Expo Europe 2022, que se celebrou esta semana en Londres.

Unha comisión, integrada por profesionais do sector de cruceiros, escolleu o expositor da empresa, con sede en Vigo, como o mellor da feira internacional “polo seu deseño, o traballo da madeira e a súa sostibilidade”.

Segundo explica a vicepresidenta da empresa, Alicia González, na elaboración do posto, unha árbore en madeira de grandes dimensións, utilizáronse os materiais que emprega Regenasa acotío.

Con este proxecto, presentado na última edición de Navalia, asegura que Regenasa quería demostrar o que pode chegar a innovar sen perder a súa esencia: o traballo artesanal da madeira.

“Queriamos transmitir esa unión de tradición e modernidade, sen esquecer a esencia orixinal. Un camiño andado dende o camarote dun pesqueiro ata o cruceiro de luxo, dúas realidades que seguen a estar presentes no noso día a día”, explica.

Do mesmo xeito, engade a vicepresidenta, o deseño tenta amosar a aposta da empresa pola sostibilidade, “unha idea que semella incompatible, pero que non o é tanto”, considera.

A vicepresidenta da empresa, tras recibir o galardón A vicepresidenta da empresa, tras recibir o galardón
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade