Publicador de contidos
Publicador de contidos

A entrada en servizo dos Avril permitirá rorganizar o mapa ferroviario de nove comunidades

A entrada en servizo dos Avril permitirá rorganizar o mapa ferroviario de nove comunidades

Óscar Puente non detalla o número de trens nin as prazas que se destinarán a Galicia

G24.gal 19/04/2024 14:27

En Galicia está moi pendente da posta en servizo dos trens Avril. Hoxe o ministro Oscar Puente falou deles. Dixo que, cando entren en funcionamento axudarán a mellorar a organización das liñas en varias comunidades. Pero non deu datos concretos: nin sobre o número de vehículos que virán para Galicia nin sobre as prazas que haberá para os viaxeiros.

"Dos 30 trens, non todos van operar en España. 10 operarán en Francia se nos permiten chegar a París antes de final de ano. Os 20 que imos utilizar no noso territorio van supoñer a redistribución de material que vai permitir prestar servizos que non existían e mellorar os existentes en nove comunidades autónomas", asegurou o ministro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade