Deteñen a presunta secuestradora dun bebé nun hospital de Bilbao
Deteñen a presunta secuestradora dun bebé nun hospital de Bilbao
A autora dos feitos accedeu ao centro hospitalario sobre as 21:00 horas e, facéndose pasar por persoal sanitario, secuestrou un bebé da planta de Xinecoloxía
A muller que presuntamente secuestrou esta noite un bebé acabado de nacer no Hospital de Basurto, de Bilbao, foi arrestada esta mañá no barrio de Zorrotza da capial biscaíña, confirmou o departamnto vasco de Seguridade.
O meniño que acababa de nacer e foi secuestrado onte á noite por unha muller no Hospital de Basurto, en Bilbao, e localizado esta mañá atópase en bo estado de saúde e foi trasladado ao centro sanitario, segundo o departamento de Seguridade.
❗️⚠️ Hemos encontradio al bebé en el barrio bilbaíno de #Santutxu ❗️⚠️
— Ertzaintza (@ertzaintzaEJGV) October 20, 2022
El operativo y la investigación continúan abiertos pic.twitter.com/cyHikNAA5X
Fontes policiais explicaron que o bebé foi atopado no felpudo dun oitavo piso dun portal da praza do Carmen do barrio de Santutxu da capital biscaíña. Tras o seu achado, o persoal sanitario comprobou nunha primeira análise que se atopa ben, pero foi evacuado en ambulancia ao hospital.
A muller intentara ao parecer levar pouco antes sen éxito outros bebés entrando en varios cuartos do mesmo centro hospitalario.
"Non foi o único intento. Todo parece indicar que esta muller intentou secuestrar varios bebés ao longo da noite, entrou en varios cuartos e intentou levar a cabo a mesma operación con outros bebés noutros cuartos en que se atopaban outras nais", explicou o conselleiro de Seguridade Josu Erkoreka.
Interpelado pola "impunidade" da muller para moverse por un hospital, Erkoreka dixo que descoñece os protocolos internos de seguridade dos centros hospitalarios.
⚠️MÁXIMA DIFUSIÓN @osakidetzaEJGV
— Ertzaintza (@ertzaintzaEJGV) October 20, 2022
🚔🚨 Solicitamos colaboración ciudadana para la búsqueda de un bebé secuestrado en el Hospital de Basurto
👉 La presunta autora de los hechos es una mujer de mediana edad, 1,60m y pelo rizado largo.
☎️ 112
➕https://t.co/JIKFFgOfrw pic.twitter.com/nUjA1vH8JB
Segundo as primeiras investigacións levadas a cabo, a autora dos feitos accedeu ao centro hospitalario sobre as 21:00 horas e, facéndose pasar por persoal sanitario, secuestrou un bebé da planta de Xinecoloxía e fuxiu do lugar.
No momento do secuestro, a muller levaba un uniforme de médico de cor branca, pero posteriormente foi vista cunha camiseta de manga curta branca, mallas axustadas de debuxos xeométricos estampados, zapatillas deportivas e un bolso negro pequeno, con forma de media lúa, e cruzado a modo de bandoleira.
Levaba o bebé nos seus brazos e tamén portaba unha bolsa rectangular de tipo rafia. É unha muller de 1,60 metros de altura aproximada, complexión obesa e pelo rizado longo, recollido nunha coleta ou moño.