Publicador de contidos
Publicador de contidos

A escaseza de auga obriga varios concellos a usar cisternas

A escaseza de auga obriga varios concellos a usar cisternas

En Garabelos (Baltar) só teñen dúas horas de auga ao día

En Boborás teñen que encher o depósito do Vecoña, que subministra varias localidades, con camións cisterna

Un veciño colle auga nunha fonte en Garabelos
G24.gal 29/08/2022 14:12

"Agora mesmo xa non hai. E son as once. Ás veces bota ata as once e media ou doce, pero estes días ten rematado ás once ou antes", explica Secundino, o pedáneo de Garabelos, encargado de abrir e pechar o depósito cada día.

En Garabelos (Baltar) hai unha trintena de veciños. Todos os veráns lles chegara a auga, pero este non lles dura máis dun par de horas ao día

"Ás once xa non hai nada. Temos que coller para uns caldeiros", explica unha veciña. "Os pozos non valen para moito. E os que non os temos, temos que aguantar, encher unha tina e arranxarnos con ela", engade outra.

As fontes que hai na aldea tamén se nutren da auga da traída. Para encher unhas garrafas, cómpre madrugar. "O manancial fallou. Tiñamos cantidade e calidade, pero agora non vén, entón, cando a cortan e cando a dan, a xente recolle con caldeiros e rapidamente quedamos sen auga", sinala un veciño.

A próxima fin de semana hai festa na aldea e non queren pasala sen auga. O propio alcalde subiu esta mañá ao depósito para supervisar a situación. Apenas entra auga. A única solución é encher con cisternas, pero o acceso está complicado.

Boborás

Xa tiveron que levar cisternas a outras aldeas do concello, o mesmo que en Boborás, onde os camións descargaban esta mesma mañá no depósito do Vecoña, que subministra tres aldeas: Albarellos, Salón e Vilachá. O depósito está baleiro e o regato que o abastece, seco. E o peor, din, está por vir se o tempo segue así.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos