Cargando resultados...
A estación de Manzaneda abre varias pistas esta fin de semana
A estación de Manzaneda abre varias pistas esta fin de semana
As temperaturas frías permitiron poñer en funcionamento os canóns de neve artificial con que conta a estación de montaña
G24.gal
26/01/2023 21:35
Última actualización 26/01/2023 21:52
Os amantes do esquí poderán regresar a partir de mañá á estación de Manzaneda. As temperaturas dos últimos días permitiron poñer en funcionamento os canóns de neve artificial e facer aptas para o esquí varias das súas pistas.
Así que a partir deste venres Manzaneda terá operativos todos os seus servizos. Hai unha semana tentouse abrir a estación logo da neve que caeu de xeito natural, pero as intensas chuvias que viñeron despois imposibilitaron a reapertura.
As temperaturas frías e a humidade destes últimos días permitiron agora poñer en funcionamento os canóns de neve artificial con que conta a estación de montaña.