Estampas invernais en pleno mes de maio, con neve a partir dos 800 metros
Estampas invernais en pleno mes de maio, con neve a partir dos 800 metros
As previsións apuntan a que as nevaradas continuarán nas vindeiras horas, pero coa cota situada xa nos 1.100 metros
Seguindo co tempo cambiante das últimas semanas, neste inicio de maio toca volver ao clima invernal. A neve resístese a marchar, algo que, segundo os veciños da montaña luguesa, é máis frecuente do que pensamos.
Nevou por riba dos 800 metros, e malia que a algúns tocoulles traballar arreo en pleno festivo en lugares como O Cebreiro, outros aproveitaron para facer turismo. Os máis sorprendidos foron os numerosos peregrinos que camiñan estes días cara a Compostela.
A neve non provocou problemas nas estradas principais. As previsións apuntan a que as nevaradas continuarán nas vindeiras horas pero coa cota situada xa nos 1.100 metros.