Tempo cambiante en toda Galicia
Tempo cambiante en toda Galicia
A humidade e a chuvia lixeira terán certo protagonismo estes días
As temperaturas non van subir dos vinte graos
Faltan sete días para que remate a primavera, unha estación da que este ano apenas puidemos gozar. E pola tarde regresarán as chuvias.
"É unha fronte cálida que está a deixar xa as primeiras precipitacións en zonas da Coruña e despois chegarán a Pontevedra e ao resto de Galicia. Na próxima madrugada será unha fronte fría a que varra a comunidade, precipitacións que irán a menos ao longo da xornada do venres. E as temperaturas baixas, moi baixas para a época do ano en que nos atopamos", explica Diego Viaño.
E durante a fin de semana vai perdurar a humidade no ambiente asociada aos ventos de compoñente oeste.
Humidade e chuvia lixeira terán certo protagonismo estes días en Galicia. Haberá que agardar ata mediados da próxima semana, co verán xa petando na porta, para que, segundo as previsións, o tempo comece a mellorar. Un tempo moi cambiante que afecta á saúde.
"Moitos catarros con complicacións, infeccións respiratorias e, nalgúns casos, algún ingreso de xente maior que se lle complica cunha pneumonía. E é que non é normal nesta época", asegura a farmacéutica Carmen Figueira.