Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os termómetros subirán en Ourense esta tarde ata 31 graos

Os termómetros subirán en Ourense esta tarde ata 31 graos

Despois duns días que parecían de inverno, a calor volve con forza

G24.gal 28/05/2024 14:14

Ourense encabeza a recuperación das temperaturas en Galicia neste mertes. Polo litoral norte apenas han chegar aos 20 graos. En Santiago agardan cerca dos 25, pero na cidade das Burgas van superar os 30 ao longo da xornada.

Porque despois duns días que parecía inverno, a calor volve con forza. 31 graos agárdanse para esta tarde, pero ás mañás son frescas, a oscilación térmica supera os 20 graos. E o que a primeira hora vale para abrigarse, serve despois para esquivar o sol.

E quitando pezas de roupa ata quedar en traxe de baño, sen esquecer o protector solar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade