Publicador de contidos
Publicador de contidos

A estrela peruana Pamela Rodríguez escribe e canta en galego 'Terra das femias'

A estrela peruana Pamela Rodríguez escribe e canta en galego 'Terra das femias'

O tema está incluído no recente disco Meigas, en que mestura sons sacados do bosque de Cambre co seu pop eléctrico

A cantante e compositora leva tres anos vivindo en Galicia 

 

G24.gal 13/10/2023 17:15 Última actualización 13/10/2023 17:44

Pamela Rodríguez vive dende hai tres anos en Galicia. É unha recoñecidísima artista peruana, con 20 anos de carreira musical e nominacións aos Grammy latinos. Agora acaba de estrear unha canción que escribiu e canta en galego.

O tema Terra das femias está incluído no seu recente disco Meigas, que ela define como un relato das emocións que lle inspirou a súa chegada a Cambre en 2020 para quedar vivir. Sempre moi sociable, en plena época de distanciamento social Pamela comezou a comunicarse coa paisaxe, co ceo,  coas estacións. E acabou metendo no disco sons extraídos directamente do bosque de Cambre.

Pamela Rodríguez vive agora na Coruña. E non para. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade