Publicador de contidos
Publicador de contidos

A estudo a posible gratuidade do primeiro ciclo de Educación Infantil

A estudo a posible gratuidade do primeiro ciclo de Educación Infantil

O Goberno contribuirá a financialo mediante transferencias ás comunidades autónomas

En Andalucía, as taxas máis altas de escolarización nesta etapa danse entre os que teñen unha bonificación do 100%

Axudaría ao acceso feminino ao mercado laboral xa que a maioría de escolas infantís están nas mans de mulleres

G24.gal 14/12/2021 18:41

O Congreso aprobou tramitar unha proposición non de lei do Parlamento andaluz para facer posible a gratuidade do primeiro ciclo de Educación Infantil, de 0 a 3 anos, ao que contribuiría economicamente o Goberno.

Esta proposición cambiaría partes do articulado da aínda vixente Lei Orgánica de Educación,  substituída fai un ano pola lei Celaá, a LOMLOE.

O Goberno deberá contribuír ao financiamento da extensión do primeiro ciclo de Infantil con cargo aos presupostos xerais, mediante transferencias ás comunidades autónomas.

Os seus defensores din que favorece a conciliación, elimina as desvantaxes dos cativos socialmente desfavorecidos, potencia a igualdade de oportunidades , prevé o fracaso escolar e xera emprego.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade