Cargando resultados...
A exconselleira catalá Clara Ponsatí, citada este luns no Tribunal Supremo
A exconselleira catalá Clara Ponsatí, citada este luns no Tribunal Supremo
Ela dá a entender que non se presentará, polo cal podería ser arrestada
G24.gal
24/04/2023 07:59
A exconselleira catalá e eurodeputada de Junts Clara Ponsatí está citada hoxe no Tribunal Supremo. Pero deu a entender que non acudirá.
Ponsatí regresou a España en marzo, tras cinco anos e medio fuxida da xustiza para evitar ser xulgada polo referendo do un de outubro.
O xuíz Llarena citouna este luns para comunicarlle que está procesada por un delito de desobediencia, que supón penas de inhabilitación. E advertiulle que se non se presenta podería ser arrestada. Ponsatí limitouse a dicir que hoxe iría traballar, como todos os luns.