Publicador de contidos
Publicador de contidos

A experiencia dunha fin de semana como 'tiktoker' de vacas nunha granxa ecolóxica de Xanceda

A experiencia dunha fin de semana como 'tiktoker' de vacas nunha granxa ecolóxica de Xanceda

O premio: unha fin de semana entre os animais para coñecer a produción ecolóxica da granxa e 2.000 euros

O pago: crear contido sobre a estadía para difundir na conta @Emejotisa

 

María José Rodríguez, @Emejotisa, dándolles herba seca ás becerras da Casa Grande de Xanceda
G24.gal 02/07/2023 20:37 Última actualización 02/07/2023 21:10

O Tik Tok, o medio de expresión da xeración Z, chegou aos prados de Xanceda. A granxa ecolóxica da Casa Grande buscaba unha tiktoker de vacas. Despois dun proceso de selección atopou a @Emejotisa, que amosou o seu interese por retratar para a xente nova como é unha fin de semana rural rodeada de 300 vacas, burros, cans pastores nunha granxa moderna. 

Maria José participou no concurso desde a súa canle @Emejotisa movida polo seu gusto pola natureza e coa intención de converterse en tiktoker de vacas. A iniciativa xurdía hai un mes no
departamento de comunicación da Casa Grande de Xanceda para chegar por redes aos máis novos como relatou Sara Torreiro, a responsable de comunicación da empresa.

 A verdade é que dentro do departamento de comunicación da Casa Grande de Xanceda somos modernas pero "millenials" entón Tik Tok cústanos un pouquiño. Entón nós o que queriamos era buscar unha persoa que levase as nosas 300 raíñas, as nosas 300 vacas, ao top 3 do Tiktok.

E aí chegou María José, cordobesa, urbana, pouco afeita aos animais pero con moitas ganas de contar a experiencia dunha fin de semana de experiencias novas e moita creación de contidos.

Cando vin o itinerario... Son moi chorona e chorei de felicidade e dixen isto ten que ser unha pasada. Está feito para min. Coñecer os burriños e as vacas. Eu non vira unha vaca de preto na miña vida. É certo que son impoñentes pero son animais moi nobles que non fan nada. 

Visitas aos prados, agroioga, unha noite campestre, e horas de convivencia cos animais que quedan rexistradas no seu teléfono móbil para difundir entre os seus seguidores. 

Temos xa un montón de contido gravado de cada actividade, e queremos darlle un toque divertido, pasalo ben compartindo esta experiencia. Quero transmitir a marabilla que é o mundo rural á xente nova. Que se vexa o corazón que se lle pon neste campo. Vexo que hai moito corazón e iso é o que está faltando. 

Obxectivo cumprido para a Casa Grande, as súas vacas e os seus produtos serántendencia ente os máis novos na rede social máis descargada nomundo nos últimos tempos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade