Publicador de contidos
Publicador de contidos

A explosión dunha tubaxe derruba parte da fachada dunha fábrica de pezas de goma en Tui

A explosión dunha tubaxe derruba parte da fachada dunha fábrica de pezas de goma en Tui

O suceso non produciu danos persoais

G24.gal 06/03/2024 19:51 Última actualización 06/03/2024 20:35

A explosión dunha tubaxe de vapor de auga causou danos na fachada dunha factoría do municipio pontevedrés de Tui. Non houbo que lamentar danos persoais.

O suceso produciuse ás tres e media da tarde deste mércores nunha fábrica de pezas de goma situada na parroquia de Santa Mariña de Areas.

Aínda que nun principio se considerou a posibilidade de que se tratase dun incendio, os efectivos de emerxencias desprazados á zona confirmaron que a orixe da deflagración estivo nunha tubaxe de vapor de auga que derrubou parte dun lateral da nave.

Os bombeiros, ademais de levar a cabo a avaliación dos danos provocados pola explosión, realizaron tarefas de seguridade para apontoar a fachada e retiraron as chapas que quedaran penduradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade