A fabricación dun submarino como o Poseidón non é complexa
A fabricación dun submarino como o Poseidón non é complexa
É capaz de percorrer as 4.000 millas que separan Colombia de Galicia nuns 15 días
De poliéster reforzado e con fibra de vidro, así é Poseidón, o narcosubmarino detectado este luns fronte ás costas de Vilaxoán. Podería levar motores de ata 1.500 cabalos. Segundo o catedrático de enxeñería naval Primitivo González , o difícil é o seu deseño, non a súa execución.
Navega a un metro da superficie e é capaz de percorrer as 4.000 millas que separan Colombia de Galicia nuns 15 días a unha velocidade de dez nós.
Adoitan levar varios depósitos de combustible que logo poden encher de auga en canto van rematando a travesía. Gonzalez non desbota que puidesen repoñer, aínda que non o ve preciso.
Sobre a operativa de descarga considera que se fixo de noite e asume que as lanchas atopadas en Ribeira poderían formar parte do plan de descarga, polo menos na previsión inicial.