Cargando resultados...
A falta de medicamentos aumentou nun 150 % en 2022
A falta de medicamentos aumentou nun 150 % en 2022
Os farmaceúticos explican que é un problema global e que no 90 % dos casos se soluciona cun fármaco coa mesma formulación
G24.gal
31/01/2023 13:13
A falta de medicamentos aumentou nun 150 % en 2022. Afecta sobre todo aos fármacos para regular a tensión, aos antibióticos dos nenos e aos antidiabéticos.
Os datos deunos hoxe o Consello Xeral dos Farmacéuticos. Explicaron que se trata dun problema non de España, senón global.
Atribúeno a escaseza de materias primas, a estratexia de prezos dos fabricantes ou a incrementos puntuais de demanda.
Tamén explicaron que nun 99 por cento dos casos, o atraso dun determinado fármaco se pode subsanar cun medicamento igual.