Publicador de contidos
Publicador de contidos

A automedicación, un gran risco no manexo da xaqueca

A automedicación, un gran risco no manexo da xaqueca

Os especialistas advirten que o uso de analxésicos sen receita aumenta as posibilidades de cronificar a enfermidade

Sete de cada dez persoas que a padecen aseguran que non poden seguir co seu día a día cando sofren un episodio

O 40 por cento dos pacentes con xaqueca non están diagnosticados e ata un 50 por cento non reciben o tratamento máis axeitado

G24.gal 12/09/2024 14:34

Para moitos a xaqueca é unha simple dor de cabeza, pero é moito máis. Sete de cada dez persoas que a padecen aseguran que non poden seguir co seu día a día cando sofren un episodio.

A pesar da súa prevalencia, a xaqueca segue a ser unha enfermidade subdiagnosticada.
O corenta por cento dos pacientes con xaqueca non están diagnosticados e ata un 50 por cento non reciben o tratamento máis axeitado para a súa enfermidade. Isto significa que moitos pacientes recorren á automedicación, o que aínda pode empeorar a enfermidade chegando a cronificala.

Por iso é tan importante ter un diagnóstico. E ainda que a migraña é unha patoloxía coa que se convive toda a vida, os novos medicamentos, que son tratamentos personalizados segundo a gravidade e a frecuencia dos síntomas, xa representan un avance importante no manexo da xaqueca.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade