Publicador de contidos
Publicador de contidos

A familia de Déborah di que a exparella da moza evidenciou que incorreu en varias contradicións

A familia de Déborah di que a exparella da moza evidenciou que incorreu en varias contradicións

A familia dispón agora de tempo para obter e analizar os datos e resultados tanto do ordenador da vítima, para saber se foi manipulado

G24.gal 14/03/2022 14:55

Tres días despois da primeira declaración en sede xudicial da exparella de Déborah Fernández, a familia da moza viguesa di sentirse satisfeita pois deste xeito a prescrición queda paralizada e poden así seguir traballando para esclarecer a morte da moza. 

En declaracións para a Televisión de Galicia a irmá de Déborah, Rosa Fernández, explicou que malia que non poden adiantar nada do que declarou a exparella o venres, si se evidenciou que incorreu en varias contradicións durante a súa declaración. 

Amais a familia dispón agora de tempo para obter e analizar os datos e resultados tanto do ordenador da vítima, para saber se foi manipulado, como as mostras biolóxicas atopadas na escena do crime.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade