Publicador de contidos

Publicador de contidos

A familia do pescador desaparecido no Grove pide que non se deixe de buscar

A familia do pescador desaparecido no Grove pide que non se deixe de buscar

Este luns retomouse o rastrexo, en barco, por terra e co apoio dun helicóptero

Os mergulladores non puideron traballar polo mal estado do mar

G24.gal 15/11/2021 14:57

En augas do Grove continúa a busca do mariñeiro desaparecido este domingo na zona de San Vicente. Trátase dun veciño de Ribadumia de 69 anos de idade.

Dende primeira hora da mañá efectivos de Salvamento Marítimo, Protección Civil, gardacostas e Garda Civil retomaron a busca do home que desapareceu o domingo na zona do miradoiro do Carreiro, na concello do Grove.

Por aire, terra, e tamén o intentaron por mar, pero as malas condicións impediron que os mergulladores puidesen realizar as tarefas de busca do pescador desaparecido.

A familia pide que os efectivos non deixen de buscar a Manuel Cores, construtor xubilado de Ribadumia.

Segundo a familia saíu da súa casa á primeira hora da mañá para pescar. Unha das súas grandes afeccións e que levaba practicando dende hai 15 anos.

Ao ver que non volvía á hora do xantar, a familia deu a voz de alarma e os efectivos de emerxencias comezaron a busca na zona onde supostamente puido desaparecer. Ao chegaren ao lugar, onde acostumaba pescar, localizaron o vehículo do desaparecido e unha cana rota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade