Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Federación de Fútbol convoca hoxe os presidentes rexionais para "analizar a situación"

A Federación de Fútbol convoca hoxe os presidentes rexionais para "analizar a situación"

Unha reunión "extraordinaria e urxente" para analizar e avaliar a suspensión temporal que pesa sobre Luis Rubiales por parte da FIFA

O presidente interino, Pedro Rocha, próximo a Rubiales busca tomar medidas tras os recentes acontecementos: a inhabilitación do anterior dirixente e a dimisión de gran parte do equipo de Jorge Vilda

Asemblea da RFEF celebrada o venres nas Rozas baixo a presdencia de Luís Rubiales
G24.gal 27/08/2023 12:31 Última actualización 28/08/2023 11:17

Primeiros movementos oficiais na federación tras a suspensión de 90 días de Luis Rubiales.

A Real Federación Española de Fútbol convocou para hoxe de xeito “extraordinario e urxente” os presidentes das federacións territoriais a unha reunión para “analizar e avaliar a situación actual”, despois de que a FIFA decidira o sábado suspender temporalmente das súas funcións o presidente federativo, Luis Rubiales, pola polémica do bico a Jenni Hermoso tras a final do mundial feminino.

O xa apartado dirixente tamén recibiu unha prohibición expresa de contactar coa futbolista e o seu círculo.

A suspensión de Rubiales precipitou que os técnicos das seleccións masculina, Luis de la Fuente, e feminina, Jorge Vilda, censuraran as accións de Rubiales e que adestradores e xogadores de equipos de primeira división xunto a personalidades do mundo da política e empresas patrocinadoras e colaboradoras da federación mostrasen nas últimas horas o seu apoio á xogadora.

O presidente interino da Federación, Pedro Rocha, tras a suspensión decidida pola FIFA de 90 días de Luis Rubiales en toda a actividade relacionada co fútbol, quere coñecer a opinión de todos os integrantes do organismo federativo despois dos acontecementos da última semana.

"Seguindo instrucións de don Pedro Rocha, e de acordo co previsto nos estatutos, comunícase a convocatoria de reunión extraordinaria e urxente da comisión de presidentes de federacións de ámbito autonómico e territoriais", informou a propia RFEF a través dunha circular de prensa.

Dita reunión celebrarase o 28 de agosto ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, na Cidade do Fútbol. A orde do día será a "análise e avaliación da situación actual e a avaliación das decisións ou actuacións a adoptar", xunto a unha quenda para "rogos e preguntas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade