Publicador de contidos
Publicador de contidos

A feira de cultura pop xaponesa máis importante de España desembarca na Coruña

A feira de cultura pop xaponesa máis importante de España desembarca na Coruña

A Japan Weekend chega por primeira vez Á Coruña

G24.gal 06/11/2021 18:01

En España nunca se publicou e se vendeu tanto cómic xaponés como agora. Hai toda unha nova xeración de lectores que abraza o manga, en realidade todo o universo otaku, sobre o que xira a Japan Weekend. A feira máis importante da cultura pop nipona está por primeira vez na Coruña.

A feira de cultura pop nipona máis importante do país creou un micro-universo otaku en Expocoruña.  É un mundo diverso, fantástico e pintado de todas as cores. Os cosplayers encarnan os seus personaxes favoritos con disfraces confeccionados por eles mesmos. 


O programa de actividades é vertixinoso. Hai concursos, presentacións, sinaturas, conferencias... e tamén a posibilidade de mercar todo o imaxinable relacionado co mundo do manga e do anime, mesmo obras de arte coma estas láminas pintadas coa técnica da acuarela, pero utilizando café.

As entradas para o sábado esgotáronse moi rápido. Aínda quedan algunhas para a despedida do domingo. 



 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar