Publicador de contidos
Publicador de contidos

A feira de música internacional Womex desembarca na cidade da Coruña

A feira de música internacional Womex desembarca na cidade da Coruña

Un mercado de referencia para as músicas do mundo e de raíz que se celebrará ata o domingo 

G24.gal 25/10/2023 22:04

Uns 3.000 profesionais da industria musical dun centenar de países participan desde este mércores na Coruña na 29 edición de Womex, un mercado de referencia internacional para as músicas do mundo e de raíz que se celebrará ata o domingo na cidade herculina.

A actividade feiral terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións da Coruña, con presenza, entre outros, dunha caseta da Xunta para facilitar, explica a administración autonómica, o traballo das 21 empresas galegas rexistradas como parte desta delegación e a difusión dun catálogo integrado por 47 proxectos musicais.

Na inauguración, que inclúe un espectáculo dedicado a Picasso, a alcaldesa da Coruña Inés Rey destacou que a urbe coruñesa e este evento comparten a mesma idea de globalismo. "Somos unha das poucas cidades situadas en mar aberto, e iso dótanos dunha mirada especial e aberta ao mundo".

O acto de apertura arrincou no Palacio da Ópera coa intervención tamén de Alex Walker, en representación de Womex, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) Jacobo Sutil, quen convidou a "seguir descubrindo e contribuíndo á expansión mundial da nosa enorme riqueza musical".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade