Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Feira Internacional de Acuicultura, AuqaFuture, consolida a súa presenza en Galicia

A Feira Internacional de Acuicultura, AuqaFuture, consolida a súa presenza en Galicia

O evento internacional celebrarase en Silleda cada dous anos

G24.gal 28/03/2023 14:45 Última actualización 28/03/2023 15:44

260.000 toneladas de produción cun valor de 230 millóns de euros. Son os datos do sector da acuicultura en Galicia, que engrosan principalmente o cultivo nas nosas rías de bivalvos e peixes planos. A posición de liderado no sector consolida a presenza en Galicia da Feira Internacional de Acuicultura, que se vai celebrar aquí cada dous anos. 

Nesta segunda edición aumentou un 10 % o espazo destinado á exposición, con máis de 12.000 metros cadrados nos que atopar toda a información e novidades relacionadas co sector acuícola: peixes, mexillóns, outros bivalvos e algas. O salón da industria acuícola persegue poñer en común coñecemento, e conta con xornadas técnicas nas que se abordan desafíos do sector e de grande interese formativo para as empresas presentes no recinto.

"Este ano son sobre cambio climático, reutilización dos plásticos. Sempre sobre asuntos de actualidade e de interese xeral para debatelos nos relatorios", explica Juan Antonio Lijó, director de Aquafuture Spain. 
 

Na parte de I+D preséntanse solucións e ideas para abordar problemáticas de actualidade, propostas, por exemplo, para a cría da mexilla.

"É un tema que está empezando a interesar aos bateeiros e asociacións de produtores. Estamos na fase de estudar a viabilidade dos procesos de cultivo en criadeiros", anuncia Martiña Ferreira, de Anfaco-Cecopesca.

"A feira naceu o ano pasado e xa nacemos con vocación de futuro. Cada vez máis xente nos visita, e iso posiciona Galicia no desenvolvemento da acuicultura. Quero dicir que somos hoxe unha das rexións da Unión Europea que máis produción de acuicultura ten", dixo Rosa Quintana , conselleira do Mar

Rosa Quintana interesouse por solucións tecnolóxicas innovadoras, que, por exemplo, permiten unha visita en 3D para comprobar o estado das gaiolas do peixe.

A conselleira do Mar destacou a importancia dun sector que factura máis de 230 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade