A feira Semana Verde de Galicia, epicentro do sector primario esta fin de semana
A feira Semana Verde de Galicia, epicentro do sector primario esta fin de semana
Catas de aceite, probas de "agility" ou concursos de cabalos agardan este sábado aos visitantes no recinto feiral de Silleda
A feira multisectorial por excelencia de Galicia, a Semana Verde, volve converter Silleda en epicentro do sector primario. Pero cada edición a feira destaca máis pola súa diversidade.
O certame foi evolucionando con novas propostas de ocio e novos sectores. Hai actividades multiaventuras e tamén experiencias de degustación. Para esta tarde, por exemplo, hai previstas, entre outras actividades, unha cata de aceite, probas de agility ou concurso de cabalos.
Maiores e pequenos, empresas e particulares, todos teñen o seu espazo nesta Semana Verde que dende hai 44 anos trata de ser o reflexo da comunidade galega e da evolución da cadea de valor do sector primario.