A Fiscalía arquiva a investigación da traxedia do valo de Melilla
A Fiscalía arquiva a investigación da traxedia do valo de Melilla
Non aprecia indicios de delito na actuación dos axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado
A Fiscalía arquivou as dilixencias abertas para investigar a traxedia rexistrada no valo de Melilla o 24 de xuño, onde morreron polo menos 23 persoas, ao non apreciar indicios de delito na actuación dos axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado.
Segundo informa nun comunicado o Ministerio Público, deu traslado ao director adxunto operativo da Garda Civil da actuación de varios axentes que lanzaron pedras contra as persoas migrantes, por se fose constitutiva de infracción disciplinaria.
A Fiscal de Sala coordinadora de Estranxeiría, Beatriz Sánchez, asina o decreto de arquivo ao non ver indicios nin de posibles delitos de homicidio imprudente nin de omisión do deber de socorro; e considera tamén legais os 470 rexeitamentos en fronteira cuestionados polo Defensor do Pobo.
Lembra, con todo, aos ministerios implicados a súa obriga de garantir que os inmigrantes teñen "posibilidades reais" de solicitar legalmente visado, protección internacional ou asilo.