Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía filipina solicita abrir xuízo contra os policías que presuntamente mataron a Diego Bello

A Fiscalía filipina solicita abrir xuízo contra os policías que presuntamente mataron a Diego Bello

O auto do fiscal incide en que houbo unha conspiración para matar ao mozo coruñés

Mantén a acusación de falsificación de probas e de asasinato e rexeita o delito de perxurio

Marta González Salve 07/03/2022 14:19

A Fiscalía das Filipinas emitiu un auto de apertura de xuízo contra os tres policías que presuntamente mataron a Diego Bello o 8 xaneiro de 2020 na illa de Siargao. A familia do mozo coruñés está así algo máis preto de lle facer xustiza,

No seu escrito fiscal mantén a acusación de falsificación de probas e de asasinato para o capitán que lideraba o operativo e para outros dous axentes. Porén rexeita o delito de perxurio ao considerar que non menten e que manteñen a versión da declaración orixinal.

Tanto o fiscal como os informes elaborados por organismos de investigación filipinos desmontan o parte policial en que di que os axentes actuaron en defensa propia e que no momento da morte levaba unha arma, 10 gramos de cocaína e trinta mil pesos filipinos, o equivalente a 600 dólares. 

No auto a Fiscalía incide en que o operativo foi unha montaxe e que houbo unha conspiración para matar a Diego. Unha satisfacción para a familia do mozo coruñés, que agora espera que o xuíz admita as probas presentadas e acepte abrir o caso.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade