Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía non ve ilegal a inclusión de condenados por terrorismo nas listas de Bildu

A Fiscalía non ve ilegal a inclusión de condenados por terrorismo nas listas de Bildu

O Ministerio Público afirma que non se dá ningún "suposto de inelixibilidade"

Cidadáns observan carteis electorais en San Sebastián (EFE/Juan Herrero) Cidadáns observan carteis electorais en San Sebastián (EFE/Juan Herrero)
G24.gal 17/05/2023 11:08

A Fiscalía da Audiencia Nacional considera que a inclusión nas listas de EH Bildu de 44 candidatos condenados por terrorismo, sete deles por asasinato, nin é constitutiva de delito nin "permite albiscar" que se cumpra un "suposto de inelixibilidade".

O ministerio público acordou por este motivo arquivar as dilixencias de investigación abertas por mor dunha denuncia da asociación de vítimas Dignidade e Xustiza, que ademais instaba a practicar dilixencias para iniciar o proceso de ilegalización de EH Bildu.

A Fiscalía advirte de que son as Xuntas Electorais as encargadas de controlar a "legalidade das candidaturas presentadas polos partidos políticos" que pretendan concorrer ás eleccións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade