A Fiscalía pide 9 anos de cárcere para Dani Alves por violar unha muller

A indemnización de 150.000 euros á vítima é outra das solicitudes da Fiscalía

O acusado, Dani Alves O acusado, Dani Alves
G24.gal 23/11/2023 16:34

A Fiscalía pide nove anos de cárcere para o exfutbolista do F. C. Barcelona, Dani Alves, acusado da violación a unha muller nunha discoteca de Barcelona no mes de decembro. Ademais, pide unha indemnización de 150.000 euros para a vítima polas secuelas que arrastra.

No escrito de acusación engádase a solicitude de condena a dez anos de liberdade vixiada ao brasileiro, logo de completar a súa condena en prisión. Tamén, a prohibición de acercarse a menos de mil metros a vítima ou comunicarse con ela durante dez anos.

Segundo mantén a Fiscalía, a vítima foi violada por Dani Alves o pasado 30 de decembro, despois de encerrala no aseo da discoteca Sutton. O acusado mantivo unha actitude violenta dándolle varias lapadas e tirándolle do pelo, actitude que fixo que a moza quedara "sen capacidade de reacción". A muller agora sofre un trastorno de estrés postraumático de elevada intensidade.

O xogador leva encarcerado no centro penitenciario de Brians 2 dende o pasado 20 de xaneiro. Ademais, solicitou a petición de liberdade, pero a Fiscalía non lla concede, pois, ao enfrontarse a unha larga condena, considera que existe risco de fuga e porque a celebración do xuízo está próxima.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade