Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía pide oito anos de cárcere para Shakira por defraudar 14,5 millóns de euros

A Fiscalía pide oito anos de cárcere para Shakira por defraudar 14,5 millóns de euros

O ministerio público presentou o seu escrito de acusación perante o Xulgado de Instrución número 2 de Esplugues de Llobregat

Foto de arquivo. Shakira en Cannes, Francia (25/05/2022) | EFE/Guillaume Horcajuelo Foto de arquivo. Shakira en Cannes, Francia (25/05/2022) | EFE/Guillaume Horcajuelo
G24.gal 29/07/2022 10:36

A Fiscalía de Barcelona pide oito anos e dous meses de cárcere para a cantante Shakira, á que acusa de seis delitos contra a Facenda pública por defraudar 14,5 millóns de euros entre os anos 2012 e 2014, simulando que non residía en España.

O ministerio público presentou o seu escrito de acusación perante o Xulgado de Instrución número 2 de Esplugues de Llobregat, despois de que a Audiencia de Barcelona avalara que debe ir a xuízo, ante os indicios de que desde 2012 residía en España e, por tanto, estaba obrigada desde entón a tributar neste país.

A artista colombiana, que xa devolveu os 14,5 millóns que lle esixía a Axencia Tributaria e outros tres de xuros -o que non impide que sente no banco-, está procesada por mor dunha querela que a Fiscalía de Barcelona presentou contra ela por seis delitos contra a Facenda pública.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade