A Formación Dual Adaptada persegue o emprego en empresas ordinarias de persoas con discapacidade
A Formación Dual Adaptada persegue o emprego en empresas ordinarias de persoas con discapacidade
No Porriño, acaba de poñerse hoxe en marcha un novo módulo de hostalería
O 60 % dos alumnos de xardinería que acabaron o ciclo anterior atoparon emprego
Estrean o local do que foi o centro cultural do Torneiro, no Porriño. Levaba anos pechado e agora atenderano como bar-catefería. Os alumnos e alumnas da Formación Dual adaptada son de varios concellos da zona e pertencen á asoaciacion Aceesca, que hoxe presentaba esta nova iniciativa de inclusión laboral.
"Son persoas con discapacidade intelectual e van estar formándose a traballando ao mesmo tempo. Neste local cedido pola concello do Porriño", dixo Esteban Bacelo, o presidente de Aceesca.
É unha formacion para traballar. "É remunerada, e axúdanos para o dia de maña ter un traballo adaptado", explicaban as alumnas. O curso pasado xa comezaba nestes xardíns o módulo de xardinería financiado pola Consellería de Emprego.
"É un recurso necesario para que estas persoas poidan ter no futuro unha posibiilidade de emprego e con iso, de vida normal", engadiu Ángeles Leiros, a xerente de Aceesca.
Ao remate da formación recibirán un certificado profesional nivel 1 que acredita a súa capacitación.