A nova FP busca adaptarse ás necesidades do tecido produtivo
A nova FP busca adaptarse ás necesidades do tecido produtivo
As demandas do alumnado e das empresas non sempre coindiden
Os responsables da FP avogan por difundir as opcións abertas
Os responsables da formación profesional en Galicia están a manter encontros cos sectores produtivos, dentro do Plan Conecta FP Galicia, para adaptar a oferta formativa ás necesidades das empresas.
"Agora mesmo hai unha demanda importantísima, en practicamente todos os sectores, de persoal cualificado e de persoal que poida dar paso á remuda xeracional"
A directora xeral de Formación Profesional recoñece que non sempre coinciden as demandas dos alumnos coas das empresas.
"Por pór un exemplo, non temos unha gran demanda en ciclos de soldadura ou do ámbito forestal, cando si hai unha demanda laboral importantísima"
María Eugenia Pérez cre que a clave está en que a sociedade coñeza as posibilidades abertas.
"Hai que facer un labor importante de difusión no alumnado e no profesorado e tamén nas empresas para que coñezan as opcións que dá a formación profesional"
O Plan Conecta FP Galicia prevé un incremento de 9.500 prazas de formación profesional nos dous próximos cursos.