A fragmentación do voto da esquerda pasa factura a Yolanda Díaz
A fragmentación do voto da esquerda pasa factura a Yolanda Díaz
Algúns socios da coalición xa fixeron público o seu malestar e pediron responsabilidades
Podemos perde catro escanos, pero mantén a súa representación en Europa
A primeira confrontación electoral de carácter nacional entre Sumar e Podemos non trouxo boas novas para Yolanda Díaz, que segue sen deixarse ver. Fracasa no seu intento de acaparar o voto á esquerda dos socialistas. Sumar consegue tres eurodeputados.
A vantaxe sobre os morados apenas chega aos 240.000 votos. Recoñecen que non se cumpriron as expectativas.
A isto hai que engadir tamén o malestar dos seus socios de coalición. Non conseguir o cuarto escano ao que aspiraban deixa a IU por primeira vez fóra da Eurocámara. Dende Más Madrid reclaman un cambio na estratexia.
Pola súa banda, Podemos evita falar desa confrontación, pero si dos dous escanos conseguidos. Din que agora o obxectivo é transformar o país.
Pero o certo é que a fragmentación pasou factura, porque foron catro os escanos perdidos en Europa en relación a 2019.