Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Frota da Liberdade de Gaza chega esta tarde ao porto da Coruña

A Frota da Liberdade de Gaza chega esta tarde ao porto da Coruña

A tripulación, que leva axuda humanitaria a Gaza, ten previsto participar en reunións e actos de apoio a Palestina en Oleiros e Santiago

 

 

Arquivo / Europa Press
G24.gal 27/06/2024 09:29 Última actualización 27/06/2024 11:14

Galicia é unha das varias escalas da Frota da Liberdade no seu camiño a Gaza, onde agardan chegar en agosto con axuda humanitaria. As actividades nas que van participar buscan incrementar a presión internacional para poder entregar esa axuda. Ademais, procuran implicar a gobernos e institucións na loita contra o xenocidio israelí en Palestina.

Unha das portavoces da tripulación, Sandra Barrilaro, explicaba no Galicia por diante que a cidadanía europea é moi consciente do masacre civil que se está a cometer en Gaza, pero que os políticos non sempre acompañan o sentir da poboación: "A incidencia política é fundamental, que nos escoiten, que escoiten o que ás veces non lles gusta oír, é básico".

Barrilaro agarda unha moi boa acollida da frota en Galicia: "En Santander foi excepcional a acollida, a implicación da xente e dos grupos de apoio. En Galicia hai grupos de solidariedade con Palestina que levan moitísimos anos e sabemos que fixeron un grande esforzo para realizar os actos que se prevén estes días".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade