Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía investiga o incendio de Castelló que queimou 4.700 hectáreas

A Fiscalía investiga o incendio de Castelló que queimou 4.700 hectáreas

A Garda Civil xa citou a declarar catro persoas que realizaban traballos de mantemento no lugar onde se orixinaron as lapas

Efectivos da UME traballando na estinción do lume de Castelló Efectivos da UME traballando na estinción do lume de Castelló
G24.gal 06/04/2023 11:09

A Fiscalía Provincial de Castelló abriu dilixencias de investigación penal polo incendio de Villanueva de Viver, que arrasou arredor de 4.700 hectáreas de masa forestal nas comarcas do interior de Castelló e parte de Teruel e que obrigou a desaloxar preventivamente unhas 1.500 persoas.

Estas dilixencias trasladáronse a un xulgado de Segorbe, segundo confirmou o ministerio público, e estase á espera de que o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil remita a ampliación do atestado que deu orixe a esta investigación.

No marco desta investigación, a Garda Civil xa citou a declarar a catro persoas que realizaban traballos de mantemento no lugar onde se orixinaron as chamas, segundo explicou delegada do Goberno na Comunidade Valenciana, Pilar Bernabé. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade