Publicador de contidos
Publicador de contidos

A G2 estará nos partidos de Primeira Federación de Barreiro e do Anxo Carro

A G2 estará nos partidos de Primeira Federación de Barreiro e do Anxo Carro

O sábado (17:00) xogarase o Celta Fortuna-Real Unión de Irún

Para o domingo queda o Lugo-S. D. Logroñés (18:00)

G24.gal 12/10/2023 20:10

A Primeira Federación deixaranos esta fin de semana o partido do Celta B-Real Unión, sábado as 17:00 horas, e o Lugo-Logroñes, o domingo ás 18:00 horas. Os dous poderán verse pola nosa segunda canle (G2) e pola canle web de g24.gal/deportes.

O Lugo, envolto en dúbidas neste comezo de temporada, tentará cambiar a dinámica despois da gran vitoria en Tajonar contra o filial do Osasuna. Nacho Quintana, goleador nese partido e un dos xogadores máis destacados neste inicio de temporada, considera que para que o equipo funcione "hai que acoplar todas as pezas do novo crebacabezas", xa que a totalidade do cadro de xogadores do equipo de Munitis é novo esta temporada.

Tamén o domingo, o Deportivo tentará reaccionar no campo do Toralín e ante outro dos candidatos ao ascenso como é a Ponferradina, un rival que aínda non perdeu no que vai de liga.

En apenas tres horas, esgotáronse as 524 entradas que o Deportivo tiña para este partido de Ponferrada. Aínda proe a derrota ante o Celta B, pero a afección deportivista nunca falla e agora, nas malas non deixarán de arroupar un Deportivo irrecoñecible, que tenta recuperarse dun mal inicio de liga.

O galego Brais Abelenda, agora nas filas da Ponferradina, sabe que o Depor tentará superar esa mala xeira en Ponferrada e agarda a visita dun rival especial para o xogador do Val do Dubra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar