Publicador de contidos
Publicador de contidos

A galega Amara Caruncho, premiada na Semana da Moda de Madrid

A galega Amara Caruncho, premiada na Semana da Moda de Madrid

A marca da deseñadora gañou o Allianz EGO Confidence in Fashion, un recoñecemento ao talento e á visión empresarial

G24.gal 19/09/2023 20:57 Última actualización 19/09/2023 22:12

Dentro da Semana da Moda de Madrid houbo unha pasarela que premiou unha das marcas emerxentes, neste caso a marca Coconutscankill. Unha emocionada Amara Caruncho recollía este premio Allianz EGO Confidence in Fashion.

O xurado valorou a evolución e madurez da proposta da deseñadora galega. Tamén destacou dela a vinculación coas súas orixes, o traballo con produtores locais e a experimentación con distintos materiais coma o cristal ou o vimbio. 

O premio inclúe 6.000 euros que empregará para desenvolver unha nova colección e tamén inclúe asesoramento profesional para potenciar a súa marca. Di a deseñadora galega que este recoñecemento é o impulso definitivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade