Publicador de contidos
Publicador de contidos

A galega Ecoener constrúe o maior complexo de enerxías renovables de Canarias

A galega Ecoener constrúe o maior complexo de enerxías renovables de Canarias

É unha das maiores instalacións mundiais nunha illa

Fornecerá a enerxía que consomen nun ano 54.000 familias

Antón Montero 27/10/2022 21:08 Última actualización 27/10/2022 21:14

A multinacional galega Ecoener inaugurou o maior complexo de enerxías renovables das Illas Canarias. Está na localidade grancanaria de San Bartolomé de Tirajana. Son oito parques eólicos e doce plantas fotovoltaicas.

En conxunto, van xerar cen megawatts de electricidade, o equivalente ao consumo anual de 54.000 familias. O complexo supuxo un investimento de 125 millóns de euros.

O presidente de Ecoener Luis Valdivia salientou: "É un dos maiores complexos de produción de enerxías renovables no mundo nunha illa. Son cen megawatts situados en conxunto, o cal nas illas Canarias, e, en xeral, en calquera illa, é moi difícil de conseguir".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade