A Garda Civil investiga a morte dun home en Boiro
A Garda Civil investiga a morte dun home en Boiro
Un veciño atopou a vítima, que foi trasladada ao hospital, onde finalmente faleceu
O falecido era drogodependente e, tras o rexistro da vivenda, a Garda Civil non achou indicios de violencia
A Garda civil investiga como presunto homicidio o falecemento dun home de 43 anos no último día de celebración das festas do verán da localidade. A vítima apareceu tirada nunha beirarrúa da estrada da Espiñeira onte á noite.
Tiña feridas graves na cabeza e perdía moito sangue. Malia ser trasladado ao hospital do Barbanza, acabou falecendo no centro sanitario ás poucas horas. A alerta deuna un veciño.
A investigación lévaa a Garda Civil, están a espera da autopsia, aínda que non descartan que poida tratarse dun suicidio.
O falecido era drogodependente e, tras o rexistro da vivenda, a Garda Civil non achou indicios de violencia.