A Garda Civil de Ourense fórmase para actuar ante un ataque con ántrax
A Garda Civil de Ourense fórmase para actuar ante un ataque con ántrax
Este tipo de ataques bioterroristas non se dan no país, pero si pode haber accidentes relacionados con esta substancia
A Garda Civil de Ourense fórmase estes días en labores de alto risco. Unha delas é como actuar nunha situación de contaminación por ántrax.
Os profesores son Técnicos Especialistas en Desactivación de Artefactos Explosivos, os coñecidos como TEDAX.
Saber actuar ante un risco nuclear, radiolóxico, biolóxico ou químico é fundamental para o seu traballo.
O curso durou unha semana e remata este venres cun simulacro de ataque bioterrorista con ántrax.
Ante esta grave ameaza, axiña acode a unidade da Garda Civil especializada en risco nuclear, radiolóxico, biolóxico ou químico. O primeiro é facer un perímetro de seguridade e impedir que saian os traballadores do concello por se están infectados.
No simulacro puxeron en práctica como atender un ferido e como descontaminar todas as persoas que puideron ter contacto coa substancia.
O ántrax pode ser mortal. Por sorte, este tipo de ataques bioterroristas non se dan no país, pero si son comúns incidentes accidentais.