Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil desarticula un importante punto de venda de drogas na Costa da Morte

A Garda Civil desarticula un importante punto de venda de drogas na Costa da Morte

Os axentes detiveron un veciño de Fisterra e incautáronse de 4.800 gramos de haxix

Parte da droga apareceu oculta nunha bolsa de penso para cans

A investigación iniciouse tras detectar un aumento da demanda de substancias estupefacientes na Costa da Morte

Foto: Garda Civil Foto: Garda Civil
G24.gal 10/10/2024 09:19 Última actualización 10/10/2024 09:34

O Equipo ROCA de Carballo (A Coruña), con base no Posto de Vimianzo (A Coruña), detivo un veciño de Fisterra (A Coruña) como presunto autor dun delito contra a saúde pública, relacionado co tráfico de drogas.

Foi no marco da Operación FAROS II, orientada a desmantelar un importante punto de venda de substancias estupefacientes na Costa da Morte.

Os axentes localizaron este individuo nun control e, tras examinar o seu vehículo, descubriron 3.015 gramos dunha substancia marrón, supostamente haxix, ocultos nunha bolsa de penso para cans.

No rexistro domiciliario, os axentes aprehenderon 1.813 gramos máis de haxix, xunto con 150 gramos de substancia de corte de cor branca, supostamente utilizada para cocaína, ademais de 3.470 euros en efectivo, unha báscula de precisión e materiais utilizados para a preparación e distribución das drogas, como gomas para a elaboración dos envoltorios coñecidos como “pitos” e unha máquina de peche ao baleiro.

A investigación iniciouse tras a detección dun aumento da demanda de substancias estupefacientes en diversas localidades da Costa da Morte que xerou unha alarma social entre os veciños.

O detido ingresou en prisión provisional comunicada e sen fianza tras ser posto á disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade