Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil detén un home acusado de estafar 265.000 euros a unha empresa de Lugo

A Garda Civil detén un home acusado de estafar 265.000 euros a unha empresa de Lugo

Os axentes recuperaron 239.500 euros, o 90 % do total

O detido utilizaba a estafa informática coñecida como BEC

G24.gal 07/05/2024 11:37

A Garda Civil detivo en Madrid un home que estafara 265.000 euros a unha empresa de Lugo.  O home utilizara o método coñecido como BEC, unha modalidade de delito informático que consiste en intervir os correos entre empresas para introducir facturas falsas e facerse con importantes cantidades de diñeiro.

O traballo dos axentes da Garda Civil permitiu recuperar 239.500 euros dos cartos estafados. Dende o instituto armado insisten na necesidade de que as empresas se doten de todas as medidas de protección fronte a delitos informáticos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade