Cargando resultados...
Detido en Boiro por 33 delitos de roubo con forza
Detido en Boiro por 33 delitos de roubo con forza
O presunto autor dos feitos xa ingresou no cárcere
G24.gal
15/12/2023 08:53
A Garda Civil de Boiro detivo un home como suposto autor de 33 delitos de roubo con forza. Os feitos ocorreron entre os meses de setembro e decembro e xeraron unha grande alarma social na zona.
A Garda Civil iniciou unha investigación e, tras a análise exhaustiva da información facilitada polos afectados, identificou o presunto autor dos feitos. Dáse a circunstancia de que era un vello coñecido das forzas de seguridade por delitos da mesma natureza.
Os axentes detiveron esta persoa, un veciño da Pobra do Caramiñal, como presunto autor de 33 delitos de roubo con forza e puxérono á disposición do Xulgado de Instrución de garda de Ribeira, que decretou o seu ingreso no cárcere.