Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil comisa máis de 650 quilos de sardiña en Malpica

A Garda Civil comisa máis de 650 quilos de sardiña en Malpica

O peixe carecía da documentación necesaria

G24.gal 01/05/2023 17:29

A Garda Civil comisou máis de 650 quilos de sardiña no porto de Malpica. Os axentes detectaron 47 caixas ocultas cunha lona de plástico na zona traseira da fábrica de xeo, que foron cargadas nun furgón.

Tras inspeccionar o vehículo, comprobaron que a mercancía carecía da documentación precisa para o seu trasporte e comercialización. As sardiñas comisadas fóronlle entregadas ao banco de alimentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade