Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha narcolancha incautada en Vilaboa, orixe do novo operativo antidroga no Salnés

Unha narcolancha incautada en Vilaboa, orixe do novo operativo antidroga no Salnés

A Garda Civil despregouse esta madrugada nos concellos de Vilanova e A Illa de Arousa continuando a investigación iniciada en abril

G24.gal 15/06/2022 14:10 Última actualización 15/06/2022 18:52

 Unha planadora que a Garda Civil incautou o pasado mes de febreiro no peirao de San Adrián de Cobres, en Vilaboa, desembocou nunha nova operación antidroga en Galicia.

O operativo céntrase nas localidades de Vilanova de Arousa e A Illa.

No marco da investigación realizáronse ao longo deste mércores varios rexistros, na zona do Naval, na Illa de Arousa, e nas proximidades da capela de San Mauro, en Vilanova. Froito da operación hai polo menos un detido.

A operación, continuación dunha das anteriores na provincia de Pontevedra, levouna a cabo o EDOA da Garda Civil.

O xulgado de Cangas que dirixe este operativo decretou o secreto das actuacións.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, indicou á prensa que se trata dunha operación "recente" e que a investigación segue en marcha.  

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade