A gastronomía internacional é posible sen saír da Coruña
Unha tenda con produtos asiáticos e outra con produtos latinos son algunhas das que se poden atopar na cidade
Cando a cociña e a cultura van da man, viaxar de continente en continente sen saír de Galicia é posible.
De orixe filipina, Julian abriu na Coruña a súa tenda hai un ano e está sorprendido polo interese dos galegos. Para non perderse, canda a súa bandeira ten un reloxo que marca a hora local dun país de Asia.
Xunto ás bebidas e alimentos tamén ofrece receitas completas de pratos típicos da cociña asiática con instrucións de elaboración. Di que entre os produtos que máis lle solicitan están o kimchi coreano, o ramen xaponés ou o pad thai thailandés.
E sen saír da Coruña pódese cambiar de continente para viaxar ata América do Sur. Regina é do Perú e leva 18 anos vivindo en Galicia. Ofrece na súa tenda produtos gastronómicos propios da América Latina.
Estas son mostras de fusión culinaria que enriquecen a gastronomía propia.