Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Generalitat restrinxe a súa relación co Goberno e prevé accións legais

A Generalitat restrinxe a súa relación co Goberno e prevé accións legais

O Govern de Pere Aragonès di que as explicacións do Goberno son ata agora insuficientes

Pere Aragonès chega á xuntanza semanal do seu Govern (EFE/Enric Fontcuberta) Pere Aragonès chega á xuntanza semanal do seu Govern (EFE/Enric Fontcuberta)
G24.gal 26/04/2022 12:57

O Govern de Pere Aragonès acordou este martes "restrinxir" as súas relacións políticas co Executivo central ata que se esclarezan as denuncias de espionaxe a máis de 60 independentistas e se depuren responsabilidades, un caso polo que planea emprender "accións legais" a todos os niveis.

Así o recolle o acordo aprobado polo goberno da Generalitat na súa reunión ordinaria deste martes, no que constata que a reacción do Executivo de Pedro Sánchez ante este "escándalo político" foi ata o de agora "do todo insuficiente", o que "pon gravemente en perigo a confianza" entre gobernos.

Isto obriga, sinala o texto do acordo, a "restrinxir as relacións políticas ás mínimas que se consideren en cada caso imprescindibles, ata o esclarecemento dos feitos e a depuración de responsabilidades ao nivel que corresponda".

O Govern prevé impulsar "as accións legais necesarias, a todos os niveis e en todas as instancias, para aclarar" este caso de "espionaxe tecnolóxica masiva" e xa avanza que solicitará ao Consello de Ministros o "acceso aos contratos de calquera tipo que se puideron asinar entre o CNI ou calquera outra axencia estatal e a empresa  NSO Group", autora do sistema de ciberespionaxe Pegasus

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade