Publicador de contidos
Publicador de contidos

A guerra en Ucraína complica as previsións de futuro da economía española

A guerra en Ucraína complica as previsións de futuro da economía española

O Goberno quere lograr un pacto de rendas para facer fronte á inflación

"Toda esta recuperación pode verse freada como consecuencia desta guerra", di Nadia Calviño

 

Pedro Sánchez xunto á vicepresidenta Nadia Calviño
G24.gal 07/03/2022 15:03

O Goberno español admite que a economía vaise resentir coa guerra en Ucraína e que a inflación seguirá subindo nos próximos meses. Este luns, o Executivo convocou os axentes sociais para conseguir un pacto de rendas para facerlle fronte á escalada de prezos.

A guerra en Ucraína copa, practicamente, a axenda de Pedro Sánchez. Onte falou co presidente de Alxeria para garantir o subministración de gas ao noso país, mañá visitará as tropas españolas despregadas en Letonia e hoxe reunión cos axentes sociais para lograr un pacto de rendas: que os sindicatos conteñan a suba dos salarios e os empresarios os seus beneficios.

E é que, segundo o Goberno, veñen tempos difíciles. "Toda esta recuperación pode verse freada como consecuencia desta guerra", di Nadia Calviño. "Creo que temos que prepararnos para unha inflación máis persistente do que pensaramos. A guerra cambia todo o escenario", asegura a vicepresidenta.

Pero o pacto cos sindicatos non semella doado. "Comisións Obreiras non acepta un pacto de rendas que se dedique unicamente a falar de salarios", aseguraba este luns o secretario xeral do sindicato, Unai Sordo.

A nivel interno, Sánchez fai fronte ás críticas de Podemos polo envío de armas a Ucraína. Aínda que os morados rebaixaron o ton nas últimas horas. "Estamos en tempos moi difíciles e Sánchez sabe que conta co noso apoio", manifestaba Isa Serra, voceira de Podemos.

A coalición insiste en que está unida e non hai división. "Non a hai no ámbito do Goberno. Eu véxoa no ámbito dalgún partido concretamente", explicaba José Luis Escrivá, ministro de Seguridade Social.

Dende a oposición, o PP critica a falta de unidade. "Eu vexo un Goberno cheo de fisuras, ao que só une o poder", afirmaba Núñez Feijóo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade