Cargando resultados...
O sector da hostalería busca persoal para a Semana Santa
O sector da hostalería busca persoal para a Semana Santa
En Galicia estiman que fan falla 1.500 persoas para eses días
G24.gal
16/03/2024 14:39
Última actualización 16/03/2024 16:05
Preto de 45.000 persoas traballan na hostalería de Galicia. Son máis ca nunca, pero son necesarias moitas máis, porque o sector está medrando exponencialmente. As primeiras contratacións faranse na Semana Santa.
Algúns establecementos do Val Miñor van duplicar o seu persoal eses días. Segundo algunhas estimacións, o sector precisa cubrir 1.500 postos de traballo en Galicia para esta campaña. O turismo supón o 12 % do PIB galego.
Por parte do empresariado, percíbese un esforzo por mellorar horarios e salarios, un dos principais escollos que debe superar o sector para solucionar o problema.