Publicador de contidos
Publicador de contidos

A hostalería prevé problemas de abastecemento a partir da próxima semana

A hostalería prevé problemas de abastecemento a partir da próxima semana

Algúns provedores xa advertiron de que comezan a ter stocks limitados

G24.gal 19/03/2022 20:33

A hostalería segue con atención a evolución do conflito dos transportistas. A partir da próxima semana podería comezar a ter problemas de desabastecemento en produtos tan básicos como o leite. Os provedores de moitas cafeterías avisáronos: non entra mercadoría nos almacéns e están quedando sen stocks.

Os hostaleiros tamén comezan a ter problemas para atopar algúns dos produtos frescos que serven habitualmente, como as verduras e o peixe, e empezan a introducir cambios nos menús, obrigados por unha situación que agardan non se prolongue moito máis.

O paro do transporte é unha nova pedra no camiño da recuperación do sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade