Publicador de contidos
Publicador de contidos

A humanización dunha rúa provoca asolagamentos constantes nunha casa de Arbo

A humanización dunha rúa provoca asolagamentos constantes nunha casa de Arbo

A construtora da vía non tivo en conta as pozas e regos que hai na zona

G24.gal 22/03/2024 14:41

Sonia Barca ten o seu salón asolagado de xeito constante desde o pasado mes de xuño en pleno centro de Arbo.

As humidades débense ás filtracións ocasionadas pola humanización dunha vía para a que ela mesma cedeu terreos. Houbo un intento de arranxar as drenaxes que non deu resultado.

A súa vivenda ten cen anos e nunca tivo problemas de humidades dentro; malia que a zona se coñecía como camiño das Lamas.

Cando comezaron as obras chegou a ter mesmo chafarises nun salón que acaba de rehabilitar e onde tiña mobles de época da súa avoa e electrodomésticos como unha neveira e unha estufa de pellets.

Tivo o apoio dun cento de veciños nunha mobilización ás portas do concello.

Todos consideran que non se fixo un bo  estudo para  evitar as constantes filtracións que a casa padece e que xa están ocasionando danos estruturais na vivenda, sen que o concello nin a administración promotora da obra lle fagan caso ningún.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade