Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Iacobus Maris remata a súa aventura en Vigo cunha parada naval

A Iacobus Maris remata a súa aventura en Vigo cunha parada naval

Os barcos que protagonizaron a peregrinación marítima máis longa do Xacobeo poden visitarse durante a fin de semana

G24.gal 22/07/2022 19:12 Última actualización 22/07/2022 21:34

Durante toda a fin de semana poderán visitarse, no peirao de transatlánticos de Vigo, os barcos da peregrinación marítima máis longa do Xacobeo, a Iacobus Maris, que rematou este venres. 

Fonte á costa das illas Cíes, fixeron unha entrada inesquecible na ría para protagonizar unha parada naval. Tres mil millas, tres semanas de viaxe, sete veleiros, catro etapas, cinco portos e 1.200 participantes.

Estes son os números, pero na Iacobus Maris houbo moito máis: convivencia, aprendizaxe, traballo, algúns mareos e, sobre todo aventura para as tripulacións.

A incorporación no último momento do Pascual Flores redondea o remate dunha expedición con convertas, pailebotes, carabelas e ata Evangelina, unha goleta rianxeira de 1912 que se incorporou no Porto a esta aventura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade